Banco de Libros

BANCO LIBROS DA ANPA CURSO 2023/2024

COMPATIBILIDADE: este banco de libros é totalmente compatible co banco de libros da Xunta de Galicia, de xeito que poden ser solicitados ámbolos dous a vez; unha vez resolta a solicitude da Xunta, se esta é negativa, atenderase a da ANPA (é dicir, que se non che conceden os da Xunta poden emprestarche os da ANPA).

IMPORTANTE: POR FAVOR, AVISÁDENOS QUEN SOLICITA TAMÉN OS DA XUNTA E SI LLOS CONCEDEN para saber exactamente de canto stock dispoñemos!!

Este banco dótase de libros cedidos ou doados, e son repartidos ao comezo de curso entre os demandantes, segundo o criterio establecido pola Xunta Directiva.

BAREMO: O noso sistema de empréstito segue un baremo totalmente diferente (non ten nada que ver coa RENDA). Outorgaranse por orde de solicitude, polo que é importante que se fagan canto antes, tendo prioridade á hora de recibir os nosos libros: aqueles que xa participaron no noso banco de libros, doadores de libros, socios/as…

DIRIXIDO a 1º da ESO (so Bioloxía), 3º da ESO e 1º de BACH.

  • En 1º e 2º da ESO non hai banco de libros porque forman parte do programa e-Dixgal e traballan con libros dixitais da aula virtual, agás en bioloxía de 1º ESO que terán libro físico a petición do departamento de bioloxía do centro.
  • En 4º da ESO e 2º Bach non temos stock na ANPA por mor do cambio de libros para adaptar os contidos aos novos currículos aprobados pola nova lei de educación LOMLOE.

 

DOAZÓNS:

Precisamos da solidariedade das familias para que nos doen os libros  de 1º ESO (unicamente usan o libro de bioloxía), 3º ESO e 1º BACH, do curso pasado, que xa non precisen, e así poder darlles unha nova vida emprestándollos a outros nenos e nenas.

Na conserxería do centro hai un caixón para as doazóns. Cubride a folla de rexistro cos vosos datos para que quede constancia da doazón e poder ter prioridade a hora a de solicitar libros do noso banco de empréstito. Moitas grazas de antemán a vosa solidariedade!

SOLICITUDES: durante o mes de xuño poderán solicitarse os libros a través do WhatsApp da ANPA no teléfono 634 851 860. Indicando o nome do ALUMNO/A, LIBROS QUE SOLICITA E CURSO.

ENTREGAS: Unha vez estudadas e resoltas as solicitudes, nos primeiros días de setembro, notificaremos a cada alumno/a os libros outorgados e cando poden pasar a recollelos. Despois desa data, mentres teñamos libros en stock, seguiremos admitindo solicitudes, incluso comezado o novo curso, ata esgotar existencias!

DEVOLUCIÓNS dos libros xa emprestados: o 19, 20, 21 e 22 XUÑO 2023 de 10:00h a 12:00h. NA SALA REUNIÓNS 1 (planta baixa fronte a saída lateral). Importante que estean en bo estado (sen roturas, sen escritos,…); no caso de non ser así, a Xunta Directiva da ANPA aplicará a sanción que estime oportuna (compra e reposición do libro, penalización no empréstito de libros…).

Para calquera dúbida, quedamos ao voso dispor.

Un saúdo,

 

A Xunta Directiva da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira

En Ribeira, a 30 de maio do 2023