Quenes Somos

PRESENTACIÓN da Xunta Directiva da ANPA CARAMECHEIRO do IES Nº1 (CURSO 2020-2021)

 PAZ GONZALEZ RIOBÓ coma Presidenta
 SUSI PAZ VÁZQUEZ coma Vicepresidenta
 UXÍA GARCÍA CRUZ coma Secretaria
 BECKY CAMEÁN GARCÍA coma Tesoureira
 ARAN PÉREZ FALQUE coma Vocal
 DANI GARCÍA PIÑEIRO coma Vocal
 GUS LLOVO OTERO coma Vocal
 NOLI FERNÁNDEZ DOMÍNGUEZ coma Vocal

Queremos presentarnos e poñernos a vosa disposición para calquera cousa que poidades precisar no teléfono 634851860 por whatsapp ou por correo electrónico anpacaramecheiro@gmail.com

Somos pais e nais coma vos, que traballamos de forma totalmente altruísta todo o ano para representar e defender os dereitos dos nosos fillos e fillas e dos seus país/nais/titores legais, así coma ofrecer servizos que complementan a oferta actual do instituto.

 A ANPA proporciona representación dos pais e nais ante a Dirección do Instituto, no Consello Escolar do propio Centro e no Consello Escolar Municipal.
 Organizamos actuacións, obradoiros e actividades para todo o alumnado con contidos de gran relevancia social e cultural, coma obradoiros de música, teatro, graffitis, planetarios, micro machismos…
 Ofrecemos actividades para as familias coma charlas para pais/nais sobre acoso, trastornos educativos , clases de Inglés, obradoiros de defensa persoal,…
 Colaboramos nas viaxes e excursións de interese lúdico e cultural que realiza o alumnado.
 Participamos economicamente nos premios do Certame de curtas de Alberto Romero.
 Temos descontos para os nosos socios/as en tendas e outros establecementos asociados.
 Pertencemos e traballamos coa Federación de ANPAS (FEDAPA) e por defecto coa Confederación de ANPAs de Galicia (CONFAPA-GALICIA) e de España CEAPA.
 Contamos con Seguros de Responsabilidade Civil e de Accidentes para os nosos socios/as.
Cumprimos coa legalidade vixente en materia de protección de datos (LOPD), libros, rexistros e no estado de contas, sempre a vosa disposición, cumprindo cas obrigas que a lei e os Estatutos nos impón.
 Faremos unha Asemblea Xeral de socios ordinaria no mes de setembro, onde presentaremos os servicios, actividades e propostas para o ano escolar que comeza.
 E outra Asemblea Xeral ordinaria no mes de xuño, coa memoria de todo o feito durante o curso e coa aprobación das contas da Asociación.

Estamos nas redes sociais de Facebook e Instagram, e ademais, na páxina web do IES nº1 de Ribeira tendes un enlace onde colgaremos toda a información e formas de contacto.

A ANPA solicita subvencións ao Concello de Ribeira, á Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia, pero sobre todo mantense grazas ás cotas dos Socios e Socias. Podedes facervos socios/as por 15€ por familia/ano, en efectivo no local da ANPA, solicitando cita previa no teléfono 634851860 por whatsapp ou por correo electrónico anpacaramecheiro@gmail.com, ou preferiblemente mediante transferencia bancaria ao numero de conta ABANCA ES11 2080 5497 8430 4010 6755

Agardamos que todos e todas desfrutemos do novo ano escolar que da comezo.

Un saúdo,
A Xunta Directiva da ANPA CARAMECHEIRO do IES Nº1 de Ribeira